• A iniciativa ofrece aos residentes de 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestiones sobre rendas, pensións, tributación, impostos de sucesións, rendas de non residentes e de patrimonio, ou bens no estranxeiro
  • Emigración traballa xa para ampliar o portal e ofrecer a mesma información para quen resides nos países americanos con maior número de galegos
05
Jul
2021

A emigración, do mesmo xeito que calquera viaxe de retorno, leva aparellados centos de interrogantes; dúbidas que van máis aló do mero proceso persoal, e que dificultan esa continua viaxe de ida e volta. Entre elas adoitan figurar as cuestións tributarias, as continuas incertezas que ofrecen as rendas do traballo, os impostos ou as sucesións en función de que un se atope aquí ou alá. Para tratar de facilitar este armazón, a Secretaría Xeral de Emigración acaba de poñer en marcha unha nova web: un portal pensado para aqueles galegos residentes no exterior ou retornados, que busca ofrecervos unha resposta rápida e sinxela a todas esas dúbidas tributarias. 

A iniciativa nace atendendo a 11 países europeos, pero con vocación de crecemento para chegar, nun breve período de tempo, a todos aqueles galegos que residides ou residistes nos países de Américo cun maior número de galegos. 

O portal ofrece unha serie de informacións básicas para aclarar cuestións vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que tedes a condición de galegos retornados ou de galegos no exterior.

Así mesmo, a web orienta de forma sinxela e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

De carácter informativo, o portal aspira a facilitar aos galegos  do exterior e á retornados información que vos facilite o cumprimento das medidas tributarias do país tanto do que país no que residides como de España.

Compartir