• Por primeira vez podes pedir o teu voto vía telemática coa denominada CTT: Clave de Tramitación Telemática
  • A Xunta Electoral Central amplía o prazo de solicitude do voto dos electores residentes de forma permanente no estranxeiro (CERA) e dos residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA) do 13 ao 16 de xuño
04
Jun
2020

Estas eleccións teñen unha novidade que busca facilitar o voto dos electores residentes no estranxeiro. Por primeira vez podes solicitar o teu voto vía telemática coa denominada CTT: Clave de Tramitación Telemática.

Esta clave para os comicios do 12 de xullo é a mesma que a enviada para as eleccións que se ían a celebrar o 5 de abril. Podes consultala picando AQUÍ.

Unha vez que temos o código CTT entramos neste ENLACE.

Agora xa só tes que introducir o código CTT e a túa data de nacemento, e accederás a unha pantalla con todos os teus datos. Nela debes achegar o arquivo co teu pasaporte ou DNI... e xa fixeches a túa solicitude de voto!

Ampliación del plazo de solicitud del voto
 

Ademais, nas últimas horas a Xunta Electoral Central decidiu prorrogar de forma excepcional o prazo de depósito do voto por correo, tamén para a solicitude do voto para os electores que residen de forma permanente no estranxeiro (CERA) e dos electores residentes temporalmente no estranxeiro (ERTA).

Nestes casos, agora tes ata o 16 de xuño para solicitar o teu voto. Previamente, o límite era o 13 de xuño.

Ademais, para aqueles que estades inscritos no CERA, tamén se amplía o prazo para enviar por correo o voso voto aos consulados cando optedes por esta opción. Inicialmente, o límite estaba fixado para o 7 de xullo, e agora pasará a ser o sábado 11 de xullo.

E o rexistrados no CERA que optedes por votar nos consulados, tamén tedes máis prazo. En concreto, ata o 12 de xullo ás 20 horas (horario peninsular). O prazo inicial que estaba fixado era entre o 8 e o 10 de xullo.

Para cumprir con estas novas medidas, os consulados abrirán o sábado 11 e o domingo 12.

Compartir