- A aceleradora de empresas Business Factory Food selecciona seis iniciativas galegas que buscan impulsar a modernización e competitividade desta industria
- A obtención de novos produtos alimentarios a partir de excedentes ou a elaboración dunha bebida natural a base de auga de mar da Costa da Morte, entre os proxectos impulsados
Ao redor de 1.700 empresas compoñen a industria agroalimentaria galega, que emprega a case 17.000 persoas e alcanza unha facturación de 4.600 millóns. Unha área crave para o equilibrio económico de Galicia que, como outros sectores, vén redobrando a súa aposta pola innovación.
Neste escenario nace a Business Factory Food, unha aceleradora da industria alimentaria de Galicia promovida polo Goberno autonómico e impulsada pola Agrupación industrial Alimentaria ( Clusaga), e que vén colaborando desde hai anos con distintas iniciativas empresariais.
Agora, o programa acaba de seleccionar 6 proxectos enmarcados na súa primeira convocatoria de consolidación. Media ducia de iniciativas que dispoñerán dun apoio integral e especializado durante 12 meses, ademais de poder acceder a un préstamo participativo por parte de Xesgalicia cunha capitalización de ata 250.000 euros.
Estes 6 proxectos elixíronse de entre un total de 27, todos eles galegos, primando a súa aposta pola innovación e a tecnoloxía co obxectivo de facer fronte aos retos da industria alimentaria en áreas como a sustentabilidade, a interacción cos clientes ou, en momentos como o presente, a loita contra as consecuencias derivadas da pandemia do coronavirus.
Los proyectos seleccionados
- O reto da valorización dos residuos. Essence Food é unha empresa con sede en Pontevedra que traballa no desenvolvemento de novos produtos alimentarios a partir de excedentes ou residuos alimentarios da produción.
- Facilitar a venda en China. Monkey Market nace como unha ferramenta que facilita aos produtos do sector alimentario a venda en China, e aos importadores chineses a compra en Europa. Ofrece, así, un método organizado para facilitar a internacionalización das compañías nos mercados asiáticos.
- Unha aposta pola dixitalización. A terceira empresa seleccionada é Muutche food monitorin platform, unha compañía que afronta o reto da dixitalización e automatización, ofrecendo unha plataforma de monitoraxe para a súa incorporación e análise en tempo real co obxectivo de optimizar custos.
- Unha plataforma machine learning. Desenvolvida por TripleAlpha, a iniciativa permite replicar calquera planta física de fabricación e optimizar os procesos mediante algoritmos de predición e prescrición.
- A auga e a súa sustentabilidade. Refix nace como unha bebida natural elaborada a base de auga de mar da Costa da Morte.
- Un software de análise sensorial. Sensebit permite personalizar clientes e facer unha análise para aforrar custos no ensaio-erro.