- A subvención para asesoramento da Xunta chegará a unhas cen empresas e responderá por un máximo do 80% do gasto en consultoría que realice cada unha
- O Goberno galego abrirá unha oficina en Londres na segunda quincena de marzo para axudar ás compañías con intereses comerciais no Reino Unido
Tes unha empresa que exporta ao Reino Unido? Pode que pertenzas a sectores como o téxtil, o agroalimentario, a automoción, ou que te adiques aos produtos industriais ou á tecnoloxía. Preocúpanche as consecuencias do Brexit? Isto interésache. O cheque Brexit galego acaba de activarse.
A salida oficial do Reino Unido da Unión Europea produciuse e mentres non se resolve o novo escenario económico que se expón, a incerteza é a principal ameaza para as empresas galegas, que sempre tiveron no inglés un dos seus principais mercados. De feito entre xaneiro e novembro do ano pasado, 503 compañías de Galicia venderon os seus produtos no Reino Unido por un valor de 1.400 millóns de euros.
As oportunidades que poidan xerarse empezan por darlle un impulso ás compañías para reducir o impacto do Brexit. E o primeiro é poñer o foco no asesoramento.
Con este obxectivo nace o cheque Brexit da Xunta, unha liña de axudas coordinadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que conta cun orzamento dun millón de euros.
E como poden ayudarche como empresario? Trátase dun programa de consultoría para a elaboración dun diagnóstico empresarial, e/ou un plan de continxencia, para minimizar os efectos do Brexit nas exportadoras galegas, especialmente se son pequenas e medianas empresas (pemes) as que solicitan orientación.
O diagnóstico identificará os aspectos máis importantes sobre os que deberás actuar para adaptarte á nova situación e cun plan de continxencia obterás unha folla de ruta para abordar diferentes accións.
O cheque Brexit chegará a unhas cen compañías e responderá polo 80% do gasto en consultoría que fagas.
Para poder optar a esta subvención, a túa empresa ten que cumprir, entre outros, algún dos seguintes requisitos: que o Reino Unido sexa un dos cinco principais mercados intracomunitarios de exportación; que teña exportado a este país máis de 100.000 euros nos tres últimos exercicios; ou que supoña un mínimo do 10% da súa exportación intracomunitaria total.
Podes consultar no Igape toda a información e os trámites que necesitas sobre esta axuda, que estará aberta ata o 30 de outubro.
Pero o asesoramento que poidas necesitar non queda en Galicia. A Xunta abrirá na segunda quincena deste mes de marzo unha oficina en Londres para as empresas galegas con intereses comerciais no Reino Unido, para que consultedes desde alí calquera incidencia relacionada co ámbito fiscal, aduaneiro ou normativo, por exemplo.
Lembra que desde hai un ano tamén tes á túa disposición unha ferramenta gratuíta para valorar o grao de exposición da túa empresa ao Brexit. Esta plataforma foi empregada por 123 compañías e 104 xa teñen o seu autodiagnóstico. Fai clic para realizarlle ao teu negocio un Diagnóstico Brexit.