- Larsa lanza tres iogures con "as flores máis ricas" dos pastos da nosa terra
Galicia é moitas cousas e, entre elas, é tamén gastronomía. O polbo á feira, os mariscos, as nosas carnes e peixes... Unha infinidade de produtos tradicionais ao que se lle suma, desde hai uns días, o sabor dos nosos pastos en forma de iogur.
Para conseguilo, Larsa acaba de sacar ao mercado tres innovadores produtos: iogures con "as flores máis ricas", que ofrecen ao consumidor final unha sobremesa con sabor a "toxo e verbena, a violeta ou a sabugueiro"..
A iniciativa, como tantas na nosa terra, é froito da innovación e o emprendemento. Neste caso, de tres alumnos do Campus de Lugo -Brais Pérez, Roberto López e Antón Polo-, gañadores do certame 'Impulsando Galicia', convocado por Larsa e orientado a proxectos de innovación en alimentación saudable. Os tres son estudantes do máster en Enxeñaría Agronómica na Escola Politécnica Superior.
Xuntos crearon unha gama de iogures que, como subliña a propia empresa, recolle os sabores de flores silvestres que nacen na primavera nos nosos pastos: toxo/verbena, saúco e violeta.
Sabores únicos e orixinais que buscan conducir ao consumidor ás paisaxes da nosa terra en plena primavera.
A iniciativa xa está presente no mercado, materializándose na liña 'Flores dos pastos'; un nome xa evoca, precisamente, o obxectivo: achegar ao consumidor a eses lugares galegos tan asociados coa nosa primavera.