• Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven unha técnica para detectar antes o Covid-19
07
Jul
2020

Con máis de 11 millóns de contagios e 530.000 mortos en todo o mundo, a loita contra o coronavirus continúa. Aquel afastado inverno de Wuhan arrasa hoxe o mundo mentres que os esforzos da ciencia e a investigación multiplícanse para tratar de volver á ‘vella normalidade’, paso previo por esta ‘nova normalidade’.

Un escenario no que un grupo de investigadores galegos da Universidade de Vigo acaban de dar outro pequeno paso na batalla contra a pandemia, traballando no desenvolvemento dunha técnica que permita detectar antes o coronavirus. 

A investigación, na que participa o Servizo Galego de Saúde – Sergas e o Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), céntrase en   a obtención dun test que facilite a identificación ultrasensible do SARS-CoV-2 no momento da atención ao paciente.

A iniciativa enmárcase na convocatoria Fondos Supera Covid e, como explica o investigador do grupo de Química Coidal que a lidera, Jorge Pérez-Juste, o mencionado test facilitaría "detectar cantidades de virus máis baixas, o que, á súa vez, permitirá detectalo antes".

O proxecto responde así á necesidade de implementar ferramentas  diagnósticas novas e fiables. Neste sentido, cabe destacar que o diagnóstico precoz é especialmente importante, non só para mellorar as posibilidades de supervivencia dos pacientes, senón tamén para garantir a seguridade da poboación.

Os investigadores explican que “a maioría do test inmunológicos para o coronavirus están centrados na detección de anticorpos específicos provocados durante a infección”. “No entanto, este enfoque só pode detectar os anticorpos entre 4 a 10 días despois de que se iniciaron os síntomas”, engaden.

Biotecnoloxía, nanotecnoloxía e electroscopia

Neste contexto, a iniciativa aposta por empregar anticorpos que son selectivos fronte a determinadas proteínas de membrana do virus. Dito doutro xeito, o virus ten nas exterior proteínas que son características, e os anticorpos o que fan é recoñecelas.

La iniciativa, denominada SERSforSARS, combinará a bioloxía molecular, a nanotecnoloxía e a electroscopia SERS para desenvolver un test de detección directa de compoñentes virales por inmunoensayos  de fluxo lateral (LFIA). Deste xeito, búscase a identificación ultrasensible do virus e o diagnóstico no momento da atención ao paciente, para o que se traballará con esputo e mostras nasais.

O test permitirá detectar a presenza do virus nun tempo similar ao do coñecidos test rápidos, “pero a súa fiabilidade así como o límite de detección (ou cantidade mínima que se pode detectar) será menor”, resume o investigador.

Compartir