• O documento acreditará os coñecementos en materia de novas tecnoloxías
06
Sep
2021

Galicia se convertirá na primeira comunidade autónoma que dará a posibilidade aos seus cidadáns de conseguir un certificado de competencias dixitais.

Este certificado acreditará os coñecementos en materia de novas tecnologí­as.

Neste sentido, cabe destacar que haberá dous tipos posibles de certificación. O primeiro refírese á certificación por áreas de dominio competencial, ou agrupación de competencias, destinado aos niveis de aptitudes menores.

O segundo tipo serán as certificacións por cada unha das competencias, destinadas aos niveis de aptitude máis avanzados.

As certificacións avaliarán 21 competencias englobadas en 5 áreas de dominio: información e datos, comunicación e colaboración, creación de contido dixital, seguridade e privacidade e solución dos problemas.

O certificado galego de competencias dixitais terá unha vixencia máxima de cinco anos, salvo no caso en que se modifique o Marco galego de competencias dixitais, no cal poderá perder a súa vixencia anticipadamente. Nesa situación, as persoas con certificaciónn teerán un prazo de doce meses para renovala.

O Marco galego de competencias dixitais, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022, alíñase co eixo 2 da Estratexia Galicia Dixital 2030: a configuraciónn dunha sociedade dixital e inclusiva e, en concreto, coa área de actuaciónn 1: promover as competencias dixitais para non deixar a ninguén atrás. Tamén fortalece a capacitación dixital do empregado público, de acordo co eixo 1: Goberno e Administración intelixentes.

A Estratexia Galicia Dixital 2030 máracase como obxectivo para 2025 que o 70% das persoas galegas teñan competencias dixitais básicas, das cales, polo menos, o 50% sexan mulleres.

Neste sentido, o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) constata que en 2020 aumentaron as competencias dixitais da ciudadanía ata alcanzar o 52,1% da población. Un 35,3% das persoas de Galicia de 16 a 74 anos tiñan competencias dixitais avanzadas en 2020, fronte ao 29 % no ano 2019. En termos evolutivos, representa un crecemento do 21,7% no último ano, o que supera o ritmo de incremento que se rexistra en España (13,9%). No que se refire ás competencias dixitais básicas, os datos indican que a situaciómn de Galicia é similar á media española: un 16,8 % dos/das galegos contan con capacitación dixital de nivel básico fronte ao 19,1% da media estatal. Cabe destacar que o 80% das persoas de Galicia mostran competencias dixitais básicas ou avanzadas nas categorías de información e comunicación.

Compartir