- UARX Space, empresa con sede en Nigrán, aspira a converterse nun provedor de referencia mundial no transporte espacial, non só para órbitas baixas da Terra, senón tamén para órbitas lunares e do espazo profundo
A empresa española de transporte espacial UARX Space, con sede en Nigrán (Pontevedra), presentou o primeiro dispensador de nanosatélites de España, chamado RAMI (Reliable and Advanced Mission Injector). "Este dispensador é o elemento mecánico indispensable para poder lanzar nanosatélites ao espazo", explica Yanina Hallak, é enxeñeira aeroespacial e directora executiva da compañía.
"Unha das principais vantaxes que ofrece RAMI é unha maior capacidade de carga. Duplicamos o tamaño permitido máis aló dos límites establecidos polo estándar, o que lle permite aos nosos clientes, (os desarrolladores de satélites) contar cunha maior versatilidade á hora de deseñar os seus produtos, satisfacendo a demanda que isto ten para misións de maior complexidade", apunta Andrés Villa, xefe de enxeñería en UARX Space e cofundador. "Agora agregar máis paneis solares ou antenas no exterior destes pequenos satélites deixará de ser unha preocupación para os nosos cliente", engade.
Desde 1999, cando se creou o estándar dos CubeSats, as misións con pequenos satélites pasaron a ser de algo educativo a algo comercial e científico; e mesmo, dada a axilidade do seu desenvolvemento e a posibilidade de realizar un despregamento rápido en órbita, nalgúns países considérallos parte importante das súas estratexias de defensa.
"Ter desenvolvementos destas características en España permítenos dar un gran paso cara á soberanía nacional en materia de espazo, xa que podemos realizar despregamentos de pequenos satélites e distribución de constelacións utilizando un dispensador español, sen depender de terceiros países", considera Hallak.
Este dispensador pode ser utilizado para lanzar un só satélite, así como a distribución completa dunha constelación de pequenos satélites.
Provedor de referencia mundial
Segundo UARX Space, a súa misión é converterse nun provedor de referencia mundial no transporte espacial non só para órbitas baixas da Terra, senón tamén para órbitas lunares e do espazo profundo. Para iso, a empresa desenvolve o seu transbordador espacial chamado OSSIE (Orbit Solutions to Simplify Injection and Exploration), da man de importantes empresas e centros de investigación.
Entre as institucións destaca o DLR, a Axencia Espacial de Alemaña, coa que UARX Space asinou un acordo de colaboración para utilizar o seu sistema avanzado de comunicacións para os voos de OSSIE, o primeiro dos cales esta programado para principios de 2023. OSSIE é capaz de transportar ata 400 quilos de CubeSats e outros satélites pequenos e utiliza un sistema de propulsión química a base de combustible verde ou ecolóxico para transferir as cargas de pago ás órbitas obxectivo, segundo explicou a empresa na súa páxina web.
Despois do lanzamento a unha órbita LEO tradicional, os clientes de OSSIE poden ser inxectados nunha variedade de órbitas, incluídas as de transferencias GTO e ao redor da Lúa.
OSSIE é o primeiro membro dunha familia de vehículos deseñados por UARX para cargas de pago de clientes a diferentes destinos no espazo; todos estes vehículos aproveitarán o RAMI.
O primeiro voo a órbita de RAMI está estipulado para do 2022, o que, segundo a compañía galega, "marcará un fito na historia de España en materia de espazo".