• Este ano podedes participar no programa todos os centros galegos, e hai tres liñas de actuación: para a mellora do funcionamento ante os problemas causados pola pandemia, para a promoción de actividades culturais e para impulsar o Xacobeo
10
Feb
2021

Galicia non se esquece dos centros galegos do exterior. E menos aínda as circunstancias derivadas da actual pandemia de Covid, que obrigou a moitas entidades en todo o mundo a pechar as súas portas de modo  temporal, comprometendo seriamente a súa viabilidade económica.

Neste escenario, o Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior, que conta cun orzamento de 1,2 millóns para atender aos gastos de funcionamento, impulsar proxectos culturais da mocidade e promocionar o Ano Santo Xacobeo

Este ano podedes podedes participar no programa todas as entidades: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, centros de estudo e cultura galega, federacións de entidades e redes sociais.

Tres liñas de actuación
  1. A contía principal do programa céntranse na colaboración directa cos centros galegos do exterior atendendo ás difíciles circunstancias provocados pola pandemia. Para iso, destínanse 800.000 euros, o dobre da cantidade achegada o ano pasado.
  2. En segundo lugar, as subvencións tamén van dirixidas á posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade.
  3. Finalmente, e como novidade desta convocatoria, os apoios teñen como obxectivo axudar á posta en marcha de accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 8 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. 

Compartir