• O Goberno galego atende aos residentes do exterior que padezan unha deterioración grave da súa situación social e económica cunha liña de axudas que permanecerá aberta ata o próximo 15 de novembro
13
Oct
2022

Hai algo máis de 130 anos, Emilia Pardo Bazán regalábanos 'Morriña', esa novela capaz de albergar entre as súas páxinas o secreto significado da palabra máis galega; unha mestura de añoranza e de tristeza repleta de alegría, do recordo desa Galicia que se vai e á que un anhela volver sempre. Porque do mesmo xeito que dona Aurora, Rogelio e Escravitude tecen un relato de 'morriña' que conduce da capital ao drama ou viceversa, centos de miles de galegos escriben a súa historia lonxe da Galicia territorial. Veciños do exterior aos que a nosa terra non esquece, facilitando os seus proxectos persoais e vitais a través de diferentes programas e liñas de actuación. 

Unha delas, especialmente pensada para esta época de dificultades que nos tocou vivir, son as axudas para familias galegas do exterior que se atopen en situacións de emerxencia social. Esta liña continúa aberta ata o próximo 15 de novembro, cun apoio de ata 3.000€ por persoa beneficiaria, e está dirixida a emigrantes galegos e aos seus que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior. 

Deste xeito, o programa busca apoiar a todos aqueles galegos do exterior que poidades atravesar unha situación de emerxencia sobrevinda, xa sexan sociais, sanitarios ou asistenciais.

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos escasos, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente.

Compartir