- Encargada aos cociñeiros Lucía Freitas e Pablo Gallego polas firmas de alimentación Quescrem, Pazo de Vilane e Feiracoç, está feita só a base de produtos locais e sustentables
Alcanzamos a Ponte do Pilar, e é un bo momento para poñer en valor a nosa terra cunha mestura perfecta de gastronomía e innovación. Estamos a falar de 'Exquisiña', unha torta de queixo encargado aos cociñeiros Lucía Freitas e Pablo Gallego polas firmas de alimentación Quescrem, Pazo de Vilane e Feiraco. E cal é o seu secreto? Está feita só a base de produtos locais e sustentables.
A receita realizouse a partir de de ovos de galiña criadas en liberdade no Pazo de Vilane (Antas de Ulla, Lugo); nata elaborada en Ponte Maceira (Ames, A Coruña) a partir do leite das cooperativas de Feiraco; e queixo crema que Quescrem, a primeira empresa de base tecnolóxica creada no sector lácteo galego, produce desde Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo).
"Como cooperativa somos, a nosa forma de ser é a suma de esforzos", apunta o secretario xeral de CLUN-Feiraco, Juan Gallástegui, que sinala que desde a empresa "traballan sempre para ofrecer calidade galega porque ten un impacto positivo no campo".
Pola súa banda, a directora xeral de Pazo de Vilane, Nuria Varela-Puertas, resalta que é necesario "apostar pola incrible calidade dos produtos ben elaborados en Galicia e polo benestar animal como convicción". "Poderemos distinguirnos e sobrevivir aos vaivéns do mercado se somos diferentes e defendemos o que facemos: producir alimentos saudables e ricos que protexan a saúde de todas as persoas, o benestar e as nosas tradicións", apunta.
Por último, o primeiro executivo de Innolact, a empresa que creou Quescrem, Sergio Martínez, pon en valor que as empresas teñen a responsabilidade "de promover o desenvolvemento social e económico da contorna", iso si, xerando "o menor impacto ambiental posible".
Para aqueles que poidades acceder aos tres produtos, elaborar Exquisiña ten premio. Só tedes que dar dous pasos:
- Comprar os 3 ingredientes: Ovos Pazo de Vilane, nata Feiraco e queixo crema Quescrem.
- Subir o ticket de compra a www.exquisina.gal.
Participarás no sorteo de:
- Unha comida ou cea para dúas persoas no Restaurante de “Pablo Gallego” (A Coruña) ou en “A Tafona” de Lucía Freitas (Santiago de Compostela).
- 6 robots de cociña KitchenAid.