• CX-Geodrone, impulsado pola Universidade de Vigo e a de Oviedo, utiliza sensores radar para detectar tamén masas forestais, vertidos de hidrocarburos ou lixo no mar
  • A enxeñeira de Telecomunicacións Yolanda Rodríguez é unha das promotoras e ademais unha investigadora retornada tras estudar o doutoramento en Estados Unidos
26
Mar
2020

E o Oscar do Espazo á mellor idea é para... o proxecto CX-Geodrone. Como estrelas tiveron que sentirse os promotores desta iniciativa cando recolleron o Space Oscar 2019 impoñéndose a máis de 300 propostas emprendedoras de toda Europa baseadas na navegación por satélite. E quen son os gañadores? A Universidade de Vigo e a de Oviedo, que levan máis de oito anos colaborando e materializado unha idea que consiste en instalar sensores radar en drons en voos de baixa altura, o que abre todo un novo abano de posibilidades de uso.

Entre as aplicacións nas que están traballando está a localización de minas antipersoa enterradas, a detección de masas forestais ou de vertidos como fuel oil ou basura no mar, ou mesmo restos arqueolóxcos.

A localización de minas antipersoa é un problema moi grave en varios países africanos, onde en Angola, por exemplo, poderían quedar sen detectar dous millóns de dispositivos que mutilan cada día a persoas e que non permiten facer uso de boa parte da superficie produtiva. O sistema, mediante un radar montando nun dron, detecta cunha precisión alta minas e dispositivos enterrados, segundo Yolanda Rodríguez, unha enxeñeira de Telecomunicacións promotora desta iniciativa e tamén unha investigadora retornada. 

 

Estudiou Teleco na UVigo e o doutorado na Northeastern University de Boston. Regresou de Estados Unidos en 2015, cando o grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas, integrado no centro de investigación atlanTTic da UVigo, a reclutou. Ademais conseguiu unha bolsanacional Juan de la Cierva. Todo un currículum de talento galego.

O reto deste proxecto é levar de xeito exitoso esta tecnoloxía ao mercado e solucionar problemas reais.

E é que se trata dunha tecnoloxía que non existía hai dez anos e por iso o mérito e valor da iniciativa é aínda maior. Así o valorou tamén o xurado da Mellor Idea do Ano Galileo Masters 2019, que recoñeceu, ademais dos beneficios sociais de CX-Geodrone, a súa clara visión empresarial.

O obxectivo é que o proyecto se convirta este ano nunha empresa. E outro dos nichos de mercado no que poden volcarse para ser sostibles é o de detección de masa forestal, xa que o radar podería detectar con exactitude  e con pouca inversión cantas toneladas de madeira hai nunha zona.

Polo momento o proxecto conta co apoio de Zona Franca de Vigo, que patrocinou a fase rexional dol concurso, e lles proporciona a incubación nol viveiro do edificio Aeroespacial de Porto do Molle durante un ano. O reto non fixo máis que despegar.

Que son os Oscar do Espazo?

É un premio da convocatoria Galileo Masters promovida pola Axencia Europea GNSS, a Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transporte e Infraestructuras Dixitais. A gala, que se celebrou en Helsinki a finais do ano pasado, está promovida polo Gobierno finés e a Comisión Europea. Acudiron a recoller o Oscar do Espazo, acompañados de representantes da UVigo e do Consorcio Zona Franca, varios dos dez integrantes do proxecto, e ademais de Yolanda Rodríguez, estaban o catedrático da UVigo Antonio Pino e o catedrático da Universidade de Oviedo Fernando Las Heras.

Sabías todo o que podes conseguir se estudas nunha universidade galega? 

CX-Geodrone enmárcase no proxecto RadioUAV, unha iniciativa na que participan dez investigadores das Universidades de Vigo e Oviedo, e que conta cunha axuda de máis de 300.000 euros do programa Ignicia da Xunta. Tamén foi seleccionada para participar no modo incubadora da primeira edición da aceleradora Business Factory Aero.

Compartir