As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior da Xunta é un programa académico e unha gran oportunidade para completar a formación dos mozos retornados á vez que cumpre co obxectivo de afrontar o reto demográfico e que os bolseiros fixar o seu campo laboral e a súa residencia en Galicia.

  • Un total de 200 titulados universitarios galegos residentes no estranxeiro, e cunha titulación de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico, cursan estudos de máster nalgunha das tres universidades públicas  cada ano.
     
  • Os másteres cúrsanse na Universidade da Coruña (campus da Coruña e de Ferrol), Universidade de Santiago de Compostela (campus de Santiago e de Lugo), e Universidade de Vigo (campus de Vigo, Ourense e Pontevedra). As bolsas concédense para a realización de 68 másteres diferentes, e selecciónanse aqueles identificados como de maior demanda laboral de entre os que oferten cada ano as tres institucións.
     
  • Con respecto á túa vinculación con Galicia, debes ser emigrante nado na comunidade, ou non nacido nela, pero que residises de forma continuada en territorio galego durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar; ou ser descendente por consanguinidade. No caso de descendentes de galegos e nados no estranxeiro, estar vinculados a un concello da comunidade no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).
     
  • No momento de pedir a bolsa, debes ter menos de 40 anos, nacionalidad española e residir no estranxeiro, e acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
     

Cal é a dotación?
A bolsa ten un importe de 7.000 euros, se o teu país de procedencia é europeo, ou 7.650 euros, para o resto de países, por curso completo de 60 créditos ECTS, e destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención. Se a matrícula é nun curso de maior duración, 90 créditos, dispoñerás dun orzamento total de 10.500 ou 11.475 euros, segundo a túa orixe sexa Europa ou non.

A nota media do expediente académico é un dos criterios de valoración para a obtención da bolsa así que xa tes obxectivo para o curso 2020-2021!

Compartir