Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

  • Un total de 150 titulados universitarios galegos residentes no estranxeiro cursarán estudos de máster nalgunha das tres universidades públicas este ano.
29
Oct
2019

Ven a Galicia a completar a túa formación e queda!

Comeza un novo curso para os alumnos que conseguiron unha das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior da Xunta. Este programa académico é unha gran oportunidade para completar a formación dos mozos retornados á vez que cumpre co obxectivo de afrontar o reto demográfico e que os bolseiros fixar o seu campo laboral e a súa residencia en Galicia.
 
Un total de 150 titulados universitarios galegos residentes no estranxeiro, e cunha titulación de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico, cursarán estudos de máster nalgunha das tres universidades públicas este ano. Infórmache de todos os detalles a través desta ligazón.
Compartir

Por que necesito o Certificado de Emigrante Retornado?

  • O Certificado de Emigrante Retornado (CER) é un documento que debes solicitar se regresas dun país que non sexa da Unión Europea, Espacio Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), Suiza ou Australia, e que é imprescindible para a túa inserción laboral.
28
Sep
2019

Con este documento acreditas a túa condición de cidadán español que emigrou para traballar e que regresa definitivamente ao seu país.

O CER recolle a data da última saída de España, a data de retorno, o tempo traballado no país ao que emigraches, o tempo de ocupación cotizado, e información de que como traballador non tes dereito á prestación por desemprego no país do que volves.

Para que serve

Este documento é necesario para que podas participar nas convocatorias de axudas ante as administracións estatais, autonómicas e locais. Por exemplo, debes tramitalo para solicitar algunha destas prestacións, e se reúnes os requisitos establecidos en cada caso:

  • A prestación por desemprego de nivel contributivo.
  • O subsidio por desemprego para emigrantes retornados
  • A renta activa de inserción.

É recomendable que pidas o certificado nada máis regresar a Galicia, porque ten unha validez de dous anos. 

Documentación

Podes solicitalo ante a Área de Traballo e Inmigración da Delegación ou Subdelegación do Goberno acreditando os seguintes puntos:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Ter a nacionalidade española durante o tempo traballado no estranxeiro. 

No caso de fillos e netos de emigrantes, para un primeiro retorno a España para fixar a súa residencia permanente, terase en conta a actividade laboral desde que adquiriron a nacionalidade española sempre que estean inscritos no Rexistro de Matrícula Consular.

  • Data da última saída de España, mediante presentación de pasaporte ou documento xustificativo.
  • Data do retorno a España, probada co billete de avión e o pasaporte cos selos de saída e entrada. A baixa no Rexistro de Matrícula Consular non é proba suficiente.
  • Traballo realizado no estranxeiro e duración do mesmo acreditados mediante contratos, certificados ou cotización á Seguridade Social, debidamente legalizados antes do retorno.
  • Declaración responsable do país de orixe de que non percibes prestación por desemprego.

No caso de que retornes dos países da UE, Espacio Económico Europeo, Suiza ou Australia (con autorización de residencia permanente neste país) non necesitarás o CER para acceder á prestación de desemprego porque acreditarás o teu traballo no exterior a través dos seguintes formularios:

  • Formulario U1 se procedes da UE ou Suiza.
  • Formulario E301 se procedes de Noruega, Islandia ou Liechtenstein.
  • Formulario “Verification of working life residence in Australia” se retornas de Australia con residencia permanente.

 

Compartir

Incentivos a los autónomos para la contratación de emigrantes retornados

  • O programa da Consellería de Economía para a promoción e consolidación do autoemprego beneficiará aos autónomos ou profesionais que realicen unha contratación con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade
28
Oct
2019

A inclusión no mercado laboral dos emigrantes que habedes decido retornar recibe un novo impulso coas axudas xerais que a Xunta dispón para incentivar a vosa contratación.

O programa da Consellería de Economía para a promoción e consolidación do autoemprego beneficiará aos autónomos ou profesionais que realicen unha contratación con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. A axuda aplicarase ao primeiros tres contratos durante os tres anos iniciais do negocio.

Polo primeiro traballador, o autónomo percibirá entre 3.000 e 5.000 euros, e polos dous seguintes podería aumentar ata os 7.000 se os beneficiarios do contrato son despedidos de longa duración, con discapacidade ou en risco de exclusión social.

No caso de que os empregados sexan emigrantes retornados, mulleres, maiores de 45 anos, persoas trans, ou teñan o centro de traballo nun concello rural, a axuda poderá aumentar nun 25% adicional por cada un dos casos. É dicir, pola contratación indefinida do primeiro traballador, o empresario poderá recibir un máximo de 11.250 euros, e pola do segundo e terceiro, ata 15.750 euros.

Compartir

Opta a unha bolsa de 10.000 euros e cursa Formación Profesional en Galicia

  • Se es menor de 30 anos, tes nacionalidade española e levas polo menos dous anos vivindo no extrajero, esta Bolsa interésache.
28
Oct
2019
A demanda de técnicos de Formación Profesional no mercado laboral galego abre un plan de futuro para ti en Galicia, que tes a oportunidade de optar a unha axuda de 10.000 euros para estudar na comunidade e quedarche a traballar.
 
Se para o próximo curso cumpres os requisitos debes estar atento á apertura da convocatoria. A Consellería de Educación financiou este ano 100 bolsas de retorno para estudos de FP de grao superior.
 
No momento de presentar a solicitude, debes ter menos de 30 anos, nacionalidade española e levar polo menos dous anos vivindo no estranxeiro. Ademais, tes que acreditar que es emigrante nacido en Galicia ou residir, con nacionalidade española, na comunidade de maneira continuada durante dez anos antes de emigrar. Tamén podes concorrer á bolsa se es descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra estas condicións e nacer no estranxeiro.
 
Ten en conta que se trata dunha bolsa que se concede en réxime competitivo e valoraranse os teus méritos e formación con ata 18 puntos. Se tes o título de bacharelato ou equivalente, recibirás 9 puntos; se posúes a certificación das probas de acceso a ciclos superiores ou á Universidade para maiores de 25 anos, 5 puntos; outras titulacións, 1 punto, e a túa vinculación con Galicia outorgarache ata 3 puntos.
 
A bolsa distribúese en 5.000 euros por curso. O segundo pago estará condicionado a que cumpras os requisitos de promoción e rendemento académico.
 

Compartir

Pide a Tarxeta Benvida para o teu bebé se acabas de volver

  • Se o teu fillo nace en 2019 ou formalizas a súa adopción ou garda este ano, o prazo de presentación da solicitude é de dous meses a partir do seu nacemento
10
Oct
2019

Este 2019 foi o ano dos cambios da túa vida. Acabas de ter un bebé e animáchesche a volver a Galicia para crialo aquí. Aos gastos que conleva o regreso desde o estranxeiro e empezar unha nova etapa súmanse os do teu fillo. Para que poidas afrontar a compra de todo o que necesita, como emigrante retornado tamén podes acollerche aos beneficios da Tarxeta Benvida, aínda que o teu bebé xa teña máis de dous meses.

Se o teu fillo nace en 2019 ou formalizas a súa adopción ou garda este ano, o prazo de presentación da solicitude é de dous meses a partir do seu nacemento, pero se naceu antes do teu retorno tes un prazo diferente: dous meses a partir do día seguinte ao que consta na documentación que acredita a túa data de regreso a Galicia.

Para optar a esta subvención debes cumprir varios requisitos, entre eles ter a nacionalidade española antes do retorno.

O importe da axuda é de 1.200 euros (100 euros ao mes) para o primeiro ano de vida do teu fillo, aínda que poderá prolongarse (con outras contías) ata os 3 anos se a túa renda familiar é igual ou inferior aos 22.000 euros anuais.

Dispós de toda a información e documentación necesaria a través desta ligazón.

E se o teu fillo xa cumpriu os 3 anos tamén tes axudas

A Tarxeta Benvida beneficia aos menores de 3 anos, pero se tes fillos de entre 3 e 18 anos podes optar ás axudas extraordinarias que a Secretaría Xeral de Emigración destina aos galegos emigrantes retornados e ás súas familias.
 
Se o teu regreso produciuse este ano 2019 a axuda económica é de 1.000 euros por cada fillo de entre 3 e 18 anos, se tes un ou dous. Este importe aumentará ata os 1.500 euros a partir do terceiro fillo menor de idade.
 
E se decidiches vivir no ámbito rural e estades empadroados no momento de pedir a subvención, as cifras anteriores veranse incrementadas nun 25%.
 
Aínda estás a tempo de solicitala, o prazo ampliouse ata o 31 de outubro.
Compartir

Xoan Carlos, fillo de emigrantes, conseguiu un traballo en Vigo tras facer unha BEME

  • A súa nai avisoulle dunhas bolsas da Xunta para emigrantes que quixesen continuar os seus estudos en Galicia e, de paso, retornar a Galicia. Trátase das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, convocadas pola secretaría xeral de Emigración. Hoxe, xa ten traballo en Vigo.
08
Oct
2019
Compartir

O meu título universitario ten validez en España?

  • A homologación outorga en España validez oficial aos títulos de educación superior obtidos no estranxeiro. Un título universitario estranxeiro e homologado posúe os mesmos efectos. Así que se homologas o teu título, a resposta é si, o teu título terá a mesma validez en España e Galicia.
08
Oct
2019
Compartir