- “Tiven noticia das BEME e pensei que era unha boa oportunidade para volver a Galicia e desenvolver aquí todo o coñecemento adquirido”
- Óscar Reinoso, galego de Ourense, cursa un Máster en Dirección Integrada de Proxectos tras regresar de Lisboa
O río Gafos nace silencioso en Mato da Xestiña, Figueirido. Un diminuto torrente de auga que crece pouco a pouco camiño de Pontevedra. Alí chega con máis vida, con máis corpo, con máis gracia, atravesando a cidade ata desembocar na ría. Cruza varios molinos e distintos lavadores, cargados de historias vividas hai case dous séculos, cando estaba prohibido lavar no curso do río Lérez, o irmán maior e coñecido. Atravesa tamén dezaseis pontes. Un deles, pouco antes do final, o Ponte Nova ou Ponte Vella, que xunto ao Ponte do Burgo do Lérez (outra vez o que goza de máis fama) deu nome noutra época á capital da provincia: 'Ad Dúos Pontes'.
Esta é unha historia, doutra historia que forma parte da nosa historia. A de Óscar Reinoso, galego e ourensán, que un día tivo que emigrar, polo que fose, e que hoxe volveu a casa, enchendo coa terra aquelos recordos de añoranza, de olor a choiva, de copas de licor café. Unha viaxe circular que pasa por Dublín e por Lisboa, e que conclúe no río Gafos. Pero vaiamos por partes.
Óscar, 32 años, licenciado en Dirección e Administración de Empresas, decidiu un día que o mundo era máis grande que Galicia, e emprendeu a súa aventura persoal.
Primeiro, Lisboa, onde estivo uns meses antes de marchar cara a Dublín. Irlanda, con todo, non callou, así que deu marcha atrás cara a Lisboa, onde comezou, sen sabelo, a apuntar cara o río Gafos.
Alí realizou un Máster en Investigación en Estudos Urbáns na Universidade Nova de Lisboa. Unha especia de "reciclaxe profesional", como el mesmo apunta, que o levaría logo a unha tese sobre a necesidade de xestión de participación cidadá nos proxectos de investigación.
"Co traballo de fin de máster centreime na metodoloxía 'Play the City'", expón, un método centrado na mellora de espazos urbáns a través dla construción dun xogo no que participa a propia cidadanía ata configurar o mellor lugar posible. "Entrei en contacto co método en Holanda, durante os 6 meses que estiven de Erasmus", lembra Óscar coa tranquilidade do que viaxou moito aínda senda moi novo.
Unha bolsa para volver a Galicia
En Lisboa, entre estudos e traballo, foi feliz durante un tempo. Salvo un pequeno paréntese deses que por desgracia permanecen: a morte do seu pai, Manuel. Pero seguiu adiante, convencido de centrarse na súa carreira académica. "Logo descubrín que non era o meu", relata.
E entón apareceron as BEME, unhas bolsas promovidas polo goberno galego pensadas para traer de volta a casa o talento dos mozos da diáspora, galegos ou descendentes de galegos que un día tiveron que partir. Óscar, por exemplo.
"Tiven noticia das BEME e pensei que era unha boa oportunidade para volver a Galicia e desenvolver aquí todo o coñecemento adquirido", expón.
O está facendo cun Máster en Dirección Integrada de Proxectos, dacabalo entre a Universidade de Vigo e a da Coruña. Aínda que agora, cousas do Covid-19, está en casa, en Ourense, coa súa nai, Belén, e a súa irmá, Antía. "A corentena colleunos cun cambio de asignatura. Empezamos unha moi apropiada, 'Xestión de riscos'", ironiza, mentres relata que, por fortuna, as clases online lles permiten seguir con normalidade en medio dunha situación extraordinaria.
O proxecto do Gafos
E mentres que todo isto pasa, Óscar xa apunta directo cara ese río Gafos que subxace no fondo desta historia. "Xa teño pechado o tema do trabajo de fin de máster: baleiros urbanos no Gafos; rexeneración coa cidadanía", avanza.
Alí, a beiras do barrio de Campolongo, multiplícanse os espazos e as opcións para rehabilitar un dos lugares con máis memoria de Pontevedra. O dun río que debe o seu nome a un antigo hospital de Leprosos (gafos en galego-portugués) e que, na última década, comezou a revivir grazas ao trabajo das administracións e ao colectivo Vaipolorio.
Pero, sobre todo, o dun regato galego que lle permitirá a Óscar non botar de menos a súa terra. Esa Galicia da que tivo que partir e que hoxe quere contribuir a mellorar. O que se poida.
"Agora aprecio máis o que tiña: as paisaxes, o carácter, a nosa forma de ser (a dos galegos)", sinala, mentras que rememora algunha anécdota desas que espertan a morriña.
"Lembro a festa dos Santos Populares de Lisboa. Uns amigos italianos e galegos montaron un posto que mesturaba a empanada coa pizza e o limoncello co licor café. Non vexas o que triunfou o licor café", lembra entre risas.
E a alguén lle estraña? A fin de contas, moitas veces non valoramos a grandeza do ordinario. O propio Óscar o explica mentres conclúe cunha frase que leva a costas toda a mochila dunha vida: "Vivimos nun lugar privilexiado".