• A historia familiar de Sara Lavandeira desenvólvese, como tantas, en tres actos: Galicia, Brasil, Galicia
  • Unha bolsa BEME concedeulle a oportunidade de cursar na terra dos seus avós un máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
23
May
2020
Antonio Lavandeira
Antonio Lavandeira.

Esta historia, como moitas, arrinca en Galicia a mediados do século pasado, nalgunha daquelas imaxes en branco e negro que espertan a añoranza sen querelo. O relato mergúllase despois nos vaivéns do Atlántico, e entre onda e onda arriba ata Brasil. Logo, os anos e a resaca tráeno de volta ata Galicia, esa adicción que uno, ou unha, cando descobre, xa non é capaz de perdoar.

Como tantos e tantos galegos –única expresión capaz de abarcar aquela marea humana-, Antonio Manuel Lavanderia Lavandeira deixou Vimianzo atrás en 1956. Tiña apenas 25 anos e unha vida por diante… e por detrás, onde quedaban  muller –María Ameijeiras-, e fillos –José e Avelina-. Unha separación máis que normal na Galicia do século XX, causa e exemplo do que Rosalía deu en chamar viúvas de vivos. Aquelas heroicas mulleres que vían partir aos seus maridos cara á terra prometida.

Por sorte, Antonio puido chegar a Brasil, iniciar o futuro negocio familiar, e pensar en como reencontrarse cos seus. Aos dous anos, e con axuda da igrexa polo medio, logrou que a súa muller e os seus dous fillos emprendesen o mesmo viaxe que el xa percorrera.

Unha vez alí, coa familia xa ao completo, a vida seguiu o seu curso. Antonio fíxose axudante de cociña. Despois ascendería a xefe. A continuación, comprou un negocio que máis tarde vendería… E así transcorreron os anos con aquela Galicia xuvenil azoutada nas esquinas do recordo. 

“Os meus avós non falaban moito da terra”, relata xa en presente Sara Lavandeira, neta de Antonio, encargada de traer a historia de volta ata Galicia. A terra que a súa nai deixou atrás con apenas 3 anos, e que ela descubriu en 2013.

As bolsas BEME

Sete anos despois está a cursar un máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario na Universidade de Santiago de Compostela grazas ás bolsas BEME –acrónimo en galego de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-. Unha iniciativa que cada curso impulsa o goberno da rexión e que permite a 150 mozos da diáspora emprender os seus estudos de post grao na Galicia dos seus pais ou os seus avós. Como Sara. Como tantos.

Familia de Antonio
Familia
Familia 2

 

Sara chegou a elas de casualidade, por eses caprichos que esconde o destino en cada esquina. “Fun ao consulado español e había un cartel”, rememora. Suficiente para seguir solicitando información e, medio século despois, percorrer á inversa o traxecto vital da súa familia: de Brasil a Galicia. 

Unha Galicia que case sempre atrapa ata engancharche. “Son unha adicta; gústame moitísimo”, recoñece Sara desde o seu confinamento nesta rara época do Covid-19. Un tempo no que prepara o TFM sobre educación sexual mentres espera, como todos, a descubrir que nos deparará o futuro.

Sara Lavandeira 2

O seu apunta a Galicia, a esa adicción. “Antes da pandemia tiña ganas de volver a Brasil”, recoñece. Unha opción que barallaba pola dificultade de homologar aquí o título. Os lentos trámites do goberno central sitúan nunha media de máis de dous anos lograr dita convalidación. Con todo, o cambio do escenario político en Brasil provocou tamén un xiro na súa determinación: “Son traballadora social e non teño claro que vai facer o actual goberno no meu campo”, subliña Sara, que obtivo o seu título de Servizo social na Universidade Federal Fluminense de Niteroi.

Hoxe Sara xa non dubida. Quere quedar na terra dos seus antepasados. Ese pedacito de mundo de cor verde e “cunha natureza tan bonita”. A Galicia das Illas Cíes, do canón do Sil, das termas de Ourense, da Torre de Hércules, das praias de Vigo, dos festivais gastronómicos. A Galicia do Camiño de Santiago, que ía facer este verán e non poderá. Talvez máis adiante, porque Galicia é como unha droga. Cando te atrapa, é case imposible de deixar.

AÍNDA ESTÁS A TEMPO. SOLICITA AQUÍ A TÚA BOLSA BEME!
Compartir