• Se volviches a Galicia, agora podes solicitar ata 6.000 euros para ti e a túa familia, un apoio que varía en función do lugar de residencia e o número de fillos que teñades
26
Jan
2024

Se volviches a Galicia, esta información interésache. O Goberno galego acaba de lanzar unha nova convocatoria pensada para axudarvos nos gastos que todo retorno comporta. Unha liña de axudas que este ano incrementa o seu orzamento ata alcanzar os 2 millóns, case un 20% máis que na anterior convocatoria. 

O importe da axuda establécese en función das condicións e características sociais da vosa familia, podendo chegar ata os 6.000 euros, xa que se incrementa se residides nun concello rural, e atendendo tamén ás condicións de réxime da vivenda e en función do número de fillos.

Os principais países de orixe daqueles que puidestes gozar deste programa ata a data son Suíza, Alemaña, Francia, Reino Unido, Venezuela, Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai, México, Estados Unidos e Chile.

A maioría sodes fillos de nados en Galicia, aínda que tamén comeza a percibirse un incremento no número de netos retornados.

Deste xeito, Galicia reforza a súa aposta polo retorno como unha das liñas estratéxicas para facer fronte ao reto demográfico, sumando talento e enriquecendo o tecido empresarial grazas á experiencia de todos aqueles que volvedes.

E lembrade que ahota contades tamén co apoio da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, situada nas principais cidades galegas e onde se vos facilita toda a información que precisades no voso regreso, mesmo antes de que se produza, desde o voso país de residencia. 

Compartir