• Setga, compañía situada en Pontevedra con máis de 30 anos de experiencia, traballa nun proxecto pioneiro de aplicación en hospitais, centros de saúde e residencias de maiores
27
May
2020

A vida tenta abrirse paso ás súas rutinas. Entre fase e fase, por territorios e co verán ao virar a esquina, a nova normalidade comeza a impoñerse. As rúas amencen con algo máis de vida, as terrazas ocupan espazos aínda dispersos, e a xente camiña co rostro oculto tras unha desas máscaras de moda. É a vida en época do Covid-19; pero é vida a final de contas.

Un escenario no que as novas tecnoloxías e a investigación están chamadas a xogar un papel moi destacado para facilitarnos o día a día. Son moitas as empresas galegas que levan meses traballando con ese obxectivo. Hoxe poñemos en valor un proxecto pioneiro impulsado por COGOMELO.

Esta firma, con sede en Pontevedra e máis de 30 anos de experiencia, é unha das compañías que están a traballar en solucións tecnolóxicas con contra o Covid-19, co cofinanciamento da Axencia Galega de Innovación.

SETGA

Nas súas instalacións impulsan un proxecto pioneiro que persegue o desenvolvemento de cabinas esterilizadoras de EPI` s con luz ultravioleta. O obxectivo é que ditas cabinas poidan empregarse en hospitais, centros sanitarios e residencias de maiores para que o persoal, unha vez que finalice a súa xornada, poida depositar nelas as súas máscaras e obxectos de protección.

Deste xeito, os diferentes utensilios serán esterilizados con luz ultravioleta tipo C, entre 200 e 280 nanómetros, que teñen efectos germicidas sobre os virus e as bacterias.

AS CABINAS EMPREGARANSE EN HOSPITAIS, CENTROS SANITARIOS E RESIDENCIAS 

A investigación sobre a luz ultravioleta leva demostrou a súa eficacia na desinfección de patógenos. A maior dose de radiación, maior efecto. Coas precaucións debidas, o seu emprego pode converterse nun factor fundamental na loita contra o Covid-19 e outros virus.

O proxecto de Setga está a permitir avanzar no estudo das doses adecuadas para cada material, e a previsión é que poida estar listo nun prazo de 9 meses.

Compartir