• Os descendentes de galegos nados fóra da nosa terra crecen en 13.300 conseguindo unha comunidade galega no exterior de máis de 548.000 persoas
21
Mar
2025

Desde fai xeracións, millóns de galegas e galegos cruzaron océanos con Galicia no corazón. Hoxe, ese lazo segue máis forte que nunca. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), ao 1 de xaneiro de 2025, 548.252 persoas forman parte da gran familia galega no exterior, unha cifra que crece grazas ao aumento de descendentes nados xa nos seus países de acollida.

Aínda que o número de persoas nadas en Galicia que residen fóra volve descender, con 2.172 menos este ano, o certo é que o sentimento de pertenza non só mantense, senón que se multiplica a través de fillos, netos e bisnietos que, aínda que naceron lonxe, senten Galicia como súa.

Un mapa de galeguidade internacional

Arxentina continúa sendo o país con maior presenza galega (185.186 persoas), seguida de Brasil (52.459), Cuba (50.656), Uruguai (42.982), Suíza (41.043) ou Venezuela (30.000). Unha Galicia global, diversa, que fala con acento porteño, carioca, caribeño ou suízo, pero que segue celebrando o San Xoán, cociñando empanadas e cantando ao son das gaitas.

Volver é máis fácil que nunca

Esta realidade demográfica representa unha oportunidade única para Galicia. Por iso, a comunidade impulsa desde hai anos a Estratexia Galicia Retorna, que facilita o regreso a casa a quen desexa volver. Grazas a este compromiso, 8.459 persoas retornaron en 2024, marcando por terceiro ano consecutivo un récord histórico.

E lembra, para facilitar ese retorno, neste momento tes abirtas novas convocatorias das Bolsas BEME e do programa de retorno emprendedor, que facilitan a volta a casa daqueles que un día tiveron que partir. 

Porque Galicia non esquece. E ti, que estás lonxe, tampouco. Galicia espérache cos brazos abertos, con oportunidades, con raíces que florecen, e co agarimo intacto. Sexas quen sexas, esteas onde esteas, Galicia segue sendo a túa casa.

Compartir