• O prazo para solicitar unha das 250 bolsas destinadas a galegos do exterior que queiran cursar un máster en Galicia termina o 30 de abril ás 23.59 horas
22
Apr
2025
Universitarios en la biblioteca de un campus gallego.

Se es galego ou galega e vives fóra de España, aínda estás a tempo de solicitar unha das 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que convoca a Xunta de Galicia para o curso 2025/2026.

Desde EsGalicia.gal xa che falamos anteriormente deste programa, que busca facilitar o retorno de mozos do exterior a través da formación universitaria. Agora, queremos lembrarche que o prazo para presentar solicitudes finaliza o vindeiro martes 30 de abril ás 23:59 horas (hora peninsular española). Queda pouco máis dunha semana, así que non o deixes pasar!

Que ofrecen as bolsas BEME?

Estas axudas están dirixidas a persoas galegas menores de 40 anos que residan fose de España e desexen cursar un máster nalgunha das universidades públicas galegas: Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo.

A bolsa cobre gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención, cunha dotación económica que pode alcanzar os 12.500 euros, segundo o destino de orixe e a duración do máster (1 ano ou 1,5 anos).

Quen pode solicitala?

Debes cumprir estes requisitos:

  • Ter nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro e facelo durante polo menos dous anos seguidos.
  • Ser menor de 40 anos.
  • Ter un título universitario que che permita acceder a un máster.
  • Acreditar vínculo con Galicia: nacer na comunidade, residido alí polo menos cinco anos antes de emigrar ou ser descendente dunha persoa nada en Galicia.
Como se solicita?

As solicitudes tramítanse unicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, onde deberás anexar a documentación requirida e seleccionar o máster que desexas cursar. Ten en conta que tamén terás que xestionar a túa preinscrición directamente coa universidade correspondente.

Non o deixes para o último momento. Esta pode ser a túa oportunidade para regresar a Galicia, crecer profesionalmente e reconectar coas túas raíces.

Compartir