• Galicia destina 50.000 euros a atender aos residentes do exterior que padezan uno deterioración grave da súa situación social e económica cunha liña de axudas cuxo prazo de solicitude estará aberto ata este 15 de novembro
07
Nov
2023

Se non estás a atravesar un bo momento, lembra que existe unha liña de axudas destinada a que os galegos no exterior poidades cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria. Un programa pensado para chegar a aqueles residentes do exterior que carezades nestes momentos dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevindos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarias ou asistenciais.

Podedes acceder a estas axudas todos os emigrantes galegos e os vosos fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, atopédesvos en situacións de emerxencia social. 

O programa facilita apoios económicos de ata 3.000€ por persoa beneficiaria.

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevindas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

prazo destas axudas permance aberto aberto ata o próximo 15 de novembro.

Compartir