• Retornar con apoio é hoxe máis fácil: a Xunta acaba de ampliar un 30 % as axudas ao autoemprego para persoas galegas retornadas, con subvencións de ata 10.000 euros para poñer en marcha o teu proxecto e construír o teu futuro en casa
15
Dec
2025

Volver a Galicia e poñer en marcha o teu propio proxecto é agora un pouco máis fácil. A semana pasada, o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que a Xunta amplía nun 30 % o orzamento das axudas ao autoemprego dirixidas a persoas galegas retornadas, unha decisión que chega tras a alta demanda rexistrada este ano.

Se estás a pensar en emprender, esta ampliación permite atender preto de 200 solicitudes en 2025 e reforza un programa creado precisamente para acompañarche nese primeiro paso. Non importa o sector: estas axudas están pensadas para apoiar iniciativas moi diversas e axudarche a converter a túa idea nun proxecto real, con impacto na túa contorna e na economía local.

A axuda parte de 6.000 euros, pero pode crecer se cumpres determinados requisitos. Se es muller, podes sumar 1.000 euros máis e, se decides poñer en marcha o teu negocio nun concello rural, o apoio increméntase en 3.000 euros adicionais. En total, podes chegar a 10.000 euros para arrincar a túa actividade e empezar a construír o teu futuro profesional en Galicia.

Este programa non é novo nin experimental. Desde a súa posta en marcha, a Xunta investiu preto de 7 millóns de euros, facendo posible o inicio de máis de mil proxectos empresariais impulsados por persoas que, como ti, decidiron regresar. Moitas delas proceden de países como Arxentina, Cuba, Venezuela ou o Reino Unido e teñen unha idade media de 41 anos.

Con esta ampliación recente, Galicia volve deixar claro que quere contar contigo. Que o teu regreso non sexa só unha volta a casa, senón tamén unha oportunidade para crecer, crear emprego e botar raíces. Estas axudas forman parte da Estratexia Galicia Retorna, pensada para que o retorno convértase nun verdadeiro motor de futuro, tamén o teu.

Compartir