• Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas extraordinarias da Xunta para emigrantes retornados
11
Apr
2023

Volviches a Galicia e viríache ben unha axuda para afrontar os gastos que supón calquera retorno? Pois aquí tes unha boa noticia: o programa de Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes.

Desde hoxe e ata o próximo 29 de setembro podes solicitar unha axuda que facilita a volta a casa dos galegos que retornastes, permitíndovos facer fronte aos gastos que todo viaxe de volta leva aparellados.

Para iso, o Goberno galego destina este ano 1,7 millóns de euros, cun o importe da axuda que se establece en función dos puntos obtidos ata chegar a un límite de 6.000 euros. A cantidade aumenta se a familia reside nun concello rural e en función do número de fillos.

Os principais países de procedencia dos beneficiarios son, segundo os datos do últimos cinco anos, Venezuela, Arxentina, Brasil, Cuba, Uruguai, México, Reino Unido, Estados Unidos e Chile. Así, a maioría eran fillos de nados en Galicia, aínda que se nota un aumento no número de netos retornados.

Non esperes máis! Se volviches hai menos de dous anos, es galego, estás casado/a con un galego/a –ou tes unha relación análoga a esta-, ou es fillo de galego nado en Galicia, non o dubides. Solicita a túa axuda durante os próximos meses.  

Dá igual desde onde volveses, este programa axudarache no proxecto persoal e profesional que estás a emprender. Un apoio especialmente dirixido ás familias, que incrementa a axuda en función do número de fillos da unidade familiar.

Compartir