• A comunidade publica a lista de países e territorios que deben comunicar a súa chegada
  • A listaxe, actualizable cada 15 días, afecta as rexións cunha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces maior á da comunidade: en América, figuran países como Arxentina, Brasil, Chile, Colombia ou Estados Unidos
28
Jul
2020

Galicia acaba de facer pública a listaxe de países e territorios de alta incidencia de coronavirus co obxectivo de que os viaxeiros que procedades deses lugares ou estivésedes de visita neles nos últimos 14 días, informedes cos datos de contacto ao chegar á comunidade.

O goberno galego fixa que deberán facer esta comunicación todos os viaxeiros que cheguen desde territorios que teñan unha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia.

Lista de países e territorios
  • En calquera dos países do continente africano.
  • Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Montserrat, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, St Martin, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
  • Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kyrguistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Vietnam.
  • Nos seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Austria, Acerbaixán, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Macedonia do Norte, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suecia e Ucraína.
  • Nas comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco e La Rioja.

A resolución, que acaba de ser publicada no Diario Oficial de Galicia, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Os afectados terán que especificar cal é o domicilio ou o aloxamento no que se hospedarán e durante canto tempo. Así mesmo, deben comunicalo nun prazo de 24 horas mediante o número de teléfono 881 00 20 21 ou a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros/

Compartir