- Descárgaa a través da app Sergas Móbil ou efectúa calquera xestión no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias
15
Jul
2024
A Xunta de Galicia pon a tarxeta sanitaria Galicia Saúde Exterior Virtual ao dispor de galegos de orixe ou ascendencia que, residindo no estranxeiro, realiceis estancias temporais na nosa terra. A través dela, tedes dereito á asistencia sanitaria.
Deste xeito, os interesados poden realizar a súa descarga a través da app Sergas Móbil.
A través desta iniciativa, os usuarios dispoñeredes da súa tarxeta sanitaria almacenada dentro da aplicación móbil e será equivalente á tarxeta física. Así, poderedes efectuar as xestións necesarias no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias.
Esta medida foi impulsada pola Consellería de Sanidade, en colaboración coa Secretaría Xeral dá Emigración, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.