• Infórmate do estado exacto de cada destino e do procedemento que tes que seguir para acceder ao país estranxeiro no que resides ou para regresar a España desde o exterior
18
Mar
2020

A pandemia do coronavirus afecta a todo o mundo e en España o estado de alarma xerou unha situación excepcional. Se te atopas fóra de Galicia nestes momentos debes saber que se necesitas información e atención podes acudir ás embaixadas e consulados españois, porque son estes os órganos do Estado que teñen competencia exclusiva de asistencia aos galegos que vos atopades no exterior

Lembra sempre atender as normas dictadas polo país no que te atopas e as do Goberno de España de cara ao teu regreso.

As embaixadas e consulados contan con información clara e actualizada sobre os pasos a dar, trámites e a situación de cada destino, estés fóra por vacacións, traballo ou porque residas de forma permanente nun país estranxeiro.

Se es galego e estás no estranxeiro toma nota da seguinte información para coñecer o estado exacto de cada destino e o procedemento que tes que seguir para acceder a ese país ou para regresar a España desde o exterior.

Todos os datos que poidas necesitar os atoparás nas seguintes ligazóns:

  • Información consular xeral coronavirus:

Consulta aquí a información sobre a asistencia consular ante o coronavirus: mapa de restriccións aos viaxes dos cidadáns que se trasladan desde España; recomendacións para viaxeiros do Ministerio de Sanidade; medidas de contención reforzada e restricción de fronteiras.

  • Contacto das embaixadas e consulados de España no mundo con información detallada e actualizada sobre a situación e trámites a seguir en cada país:

Facendo clic nesta ligazón disporás do listado de direccións e teléfonos das embaixadas e consulados españois no estranxeiro.

  • Teléfonos de emerxencia consulares:

Se tes unha incidencia no estranxeiro podes contactar as 24 horas nos teléfonos de emerxencia das embaixadas e consulados de España no exterior que atoparás pinchando aquí.

 

Compartir