- Ata o 16 de novembro tes aberto o prazo de solicitudes para os apoios de emerxencia social, centrados en atender situacións sobrevindas de carácter extraordinario
12
Nov
2020
Se es galego, resides no exterior e atravesas un mal momento, este programa interésache. Aínda estás a tempo de solicitar unha da denominadas axudas de emerxencia social, que cada ano promove o Goberno galego para os residentes no exterior que, por motivos diversos, atópense nunha situación de especial dificultade
O programa busca facer fronte ao complexo escenario que se está producindo en moitos países como consecuencia da actual pandemia do Covid-19. Para iso, conta cun orzamento de 200.000 euros que se poderá triplicar no caso de que sexa necesario.
Así, e co obxectivo de que ninguén que o necesite quede fose, o prazo de solicitudes aínda está aberto. Tes até o vindeiro luns 16 para solicitar a túa axuda.
Que cobre a axuda
- Situacións de marxinación social ou dun elevado grao de dependencia.
- Contextos derivados da perda, inadecuación ou dotación básica da vivenda habitual ou familiar.
- Problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros similares.
- Situacións derivadas de problemas sanitarios graves.
- Situacións sobrevindas derivadas de graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioración da vivenda habitual e do enxoval.
Beneficiarios
- Emigrantes galegos e os seus fillos que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
- Excepcionalmente, para o caso de ter que realizar unha viaxe as persoas ás que se refire este punto e que non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha acode acompañante.
Requisitos
- Ter rendas ou ingresos insuficientes.
- Contar cun patrimonio insuficiente.
- Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevindas nun tempo próximo ao da solicitude (como máximo nos últimos doce meses) e que requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón.