• Coas iniciativas piloto desenvoltas nos últimos cursos, 59 mozos tiveron a oportunidade de volver a Galicia para formarse a través destas axudas, que a partir deste curso formalízanse nun programa estable ampliándose á FP Dual
31
Oct
2023

O retorno configúrase non só como unha oportunidade para miles de galegos, senón que implica unha aposta decidida polo emprendemento, polos mozos con currícu­lums brillantes e alta cualificación, polas políticas sociais e polo futuro de Galicia. Un compromiso que se sustenta sobre a crenza de que non é só un dereito de todas as galegas e galegos que un día tivestes que emigrar, senón tamén unha oportunidade extraordinaria que a historia de Galicia ofrécenos para superar o complexo reto demográfico que temos por diante, contri­buyendo así á mellora da competitividade e por tanto, da nosa produtividade.

Por este motivo, como sabedes, o Goberno galego ten en marcha unha nova Estratexia Retorna, que se configura como un proxecto amplo, ambicioso e de carácter transversal, e que se centra na responsabilidade de traballar para facilitar a volta a casa dos galegos que un día tivestes que partir. Un ambicioso plan que incluye ata un centenar de medidas dirixidas tanto ao ámbito académico como ao laboral, familiar e social, e entre as que destacan, entre outros, o programa Retorna Talento FP, que busca atraer galegos do exterior para que vos formeis en Galicia e vos incorporeis despois ao noso mercado laboral. 

Unhas bolsas que, como explicaba esta semana o responsable de Educación da Xunta. Román Rodríguez, tiveron este ano unha moi boa acollida. Así, as bolsas comezarán a funcionar nas próximas semanas tras recibirse un centenar de solicitudes. Coas iniciativas piloto desenvoltas nos últimos cursos, 59 mozos tiveron a oportunidade de volver a Galicia para formarse a través destas axudas. Dada a súa boa acollida, a partir deste curso formalízase cun programa estable e amplíase a FP Dual, modalidade cunha empregabilidade do 100%.

O Goberno galego destina case 1M€ a esta iniciativa nas súas dúas vertentes. A modalidade para contempla bolsas para estudar programas específicos básicos de FP con bolsas de 6.500€ por alumno ou alumna, mentres que na B as axudas son para cursar ciclos de FP Dual, na que colaboran 25 empresas, cunha bolsa de 10.800€ por estudante.

Complemento das BEME 

Estas bolsas complementan ás exitosas BEME, que permiten cursar másteres nas universidades galegas. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior ten unha convocatoria anual de 250 axudas cun investimento superior a 2,5M€ e están dirixidas aos galegos que residides no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao ou equivalente. 

A través delas, podedes cursar algún dos 92 másteres da convocatoria de diferentes áreas (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas así como Enxeñería e Arquitectura) nunha das tres universidades públicas de Galicia.

Compartir