- Desde hoxe podes acceder ao programa de Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, para facer fronte aos gastos que todo retorno comporta
- O goberno galego destina 1,7 millóns a estes apoios, que nesta ocasión inclúen como novidade 500 euros para os gastos derivados do acceso a unha vivenda
Volviches a Galicia e viríache ben unha axuda para afrontar os gastos que supón calquera retorno?
Agora tes unha gran oportunidade. O goberno galego acaba de poñer en marcha unha nova convocatoria do programa de Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado. Unha iniciativa que busca precisamente iso: facilitar a volta a casa dos galegos que retornastes mediante un apoio que che permita facer fronte aos gastos que todo viaxe de volta leva aparellados.
Dá igual desde onde volveses, este programa axudarache no proxecto persoal e profesional que estás a emprender. Un apoio especialmente dirixido ás familias, que incrementa a axuda en función do número de fillos da unidade familiar.
En total, o goberno galego destina 1,7 millóns a estes apoios co obxectivo de axudarvos a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do regreso a Galicia.
Como novidade, co obxectivo de facilitar o voso establecemento en Galicia e teniendo en cuenta as dificultades no acceso a vivenda dos retornados, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinadas a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións neste campo.
Para ser beneficiario destas axudas debes cumprir os seguintes requisitos:
- Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
- Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Residir no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
- Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2020, incluído.
- Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.
As axudas dependerán das circunstancias sociais e do número de persoas que conformen a vosa unidade familiar, teniendo en cuenta que os fillos menores de 18 anos poderían recibir ata 1.500 euros, e que tamén se valora o feito de que se resida nun concello rural. En total, a contía non poderá exceder, como máximo, dos 6.000 euros por unidade familiar.
Desde a posta en marcha da Estratexia Retorna, destináronse xa 6,8M€ a esta liña de axudas beneficiándose un total de 3.342 familias. O 35% destas familias contaban con menores de idade.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase hoxe e permanecerá aberto ata o próximo 30 de setembro.