• O Celga 1 en Liña permite a autoformación en lingua galega para todos os que residides no exterior ofrecéndovos a posibilidade de realizar estes cursos independentemente do lugar no que vos atopedes
10
Oct
2023

Se es galego, resides no exterior  e queres reaprender ou profundar no noso idioma, lembra que podes acceder ao Celga I desde calquera lugar do mundo. Para iso, a Xunta de Galicia conta cun sistema para a autoformación en lingua galega da que vos podedes beneficiar todos os galegos que residides noutros lugares. A través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o Celga 1 en liña facilítavos a aprendizaxe o noso idioma, independentemente do lugar no que vos achedes e do tempo que poidades dedicarlle.

Esta nova ferramenta está accesible desde o Portal dá Lingua Galega a través da ligazón seguinte: https://formacion-lingua.xunta.gal/login/index.php

O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembra a importancia desta medida para os galegos do exterior, que podedes así acceder a uns cursos regrados que vos permiten “mellorar a nosa lingua fóra das nosas fronteiras, mantendo así un vínculo esencial coa terra e coas vosas orixes”.

O feito de contar cunha ferramenta así facilitará aínda máis a vosa aprendizaxe, permitíndovos optar a un título oficial para competir en igualdade de condicións, desde o punto de vista lingüístico, co resto de galegos, algo especialmente importante no caso dos emigrantes que desexedes retornar a Galicia, e tamén para os bolseiros Bemes, que veñen cada ano a Galicia a facer un máster nunha das universidades galegas.

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao MECRL e está configurado mediante cinco niveles de coñecemento do idioma, que recollen as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas.

Estes certificados permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos, e obtéñense mediante un exame (excepto o nivel 5) convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, aínda que tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

Compartir