- GaliciaAberta e o Portal Retorna continúan respondendo as túas dúbidas sobre a volta a casa con outro vídeo explicativo no que se resume como e onde tramitar o Documento Nacional de Identidade (DNI), básico para calquera trámite en España
Xa estiveses fora ou retornases a Galicia, ter o DNI en vigor é obrigatorio salvo que sexas menor de 14 anos. Para obtelo só necesitas: unha foto de carné a cor; o certificado de nacemento que podes solicitar no Rexistro Civil -ou no teu consulado de referencia)-; e o certificado de empadroamento do Concello no que residas.
Se vives no estranxeiro, solicita o correspondente certificado de residencia na Representación Diplomática ou Consular que che corresponda.
Para solicitar un novo DNI ou para renovalo tes que abonar as taxas, situadas este ano nos 12 euros, salvo que sexas familia numerosa: neste caso sairache gratis.
No noso país os trámites fanse na Policía Nacional, e podes pedir cita previa na web: citapreviadni.es
E lembra, se tes menos de 14 anos, terás que ir acompañado polo teu titor legal.