• Neste novo vídeo lanzado por GaliciaAberta achégase información sobre como e onde xestionar os servizos sanitarios; e lembra, se tes algunha dúbida, podes dirixirche ás oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno
15
Oct
2021

Volviches a Galicia e queres garantir a túa asistencia sanitaria? Tes varias posibilidades

Provisionalmente, e se non causaches baixa no rexistro de matrícula consular, podes solicitar a Tarxeta de Saúde Exterior da Xunta de Galicia, coa que terás cuberta a asistencia sanitaria por un máximo de tres meses, a condición de que non teñas un seguro privado.

Con todo, se volves para un período de tempo máis longo, deberás solicitar a asistencia sanitaria da Seguridade Social. Esta nova 'Pílula do retorno' lanzada por GaliciaAberta explícache todos os detalles

E lembra, se che queda algunha dúbida, podes achegarche a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno, situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo); ou podes enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal .  

Compartir