• GaliciaAberta lanza un novo vídeo explicativo no que describe, entre outros, os datos básicos sobre como pechar unha conta no país de procedencia e cales son os camiños para seguir para abrir unha nova ou declarar movementos no estranxeiro
28
Oct
2021

Se volviches a Galicia e es titular dunha conta bancaria de aforro ou de prazo noutro país, podes mantela sen ningunha restrición. Iso si, deberás declarar tanto as contas como os movementos de diñeiro se estes superan certas cantidades.

Ademais, para cancelar unha conta bancaria no teu país de orixe, deberás seguir os trámites fixados no contrato coa entidade. E para abrir unha conta aquí, basta con achegarche a unha oficina bancaria co DNI ou o pasaporte.

Esta nova 'Pílula do retorno' lanzada por GaliciaAberta explícache todos os detalles.

E lembra, se che queda algunha dúbida, podes achegarche a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno, situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo); ou podes enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal.

Compartir