• GaliciaAberta achéganos hoxe outro dos seus vídeos explicativos sobre temas de interese para o retorno. Nesta ocasión, os trámites para pedir a residencia da túa parella. Non é o mesmo estar casado ou ser parella de feito que non selo. Visualiza a pílula e coñece todos os detalles
04
Nov
2021

Volviches a Galicia coa túa parella e queres solicitar a residencia? Se estás casado ou casada, ou es parella de feito dun cidadán estranxeiro, o teu cónxuxe ten dereito a pedir a tarxeta comunitaria. 

En caso contrario, teredes que acreditar documentalmente que sodes unha parella estable e duradeira, asimilable a unha de feito. 

Visualiza a nova pílula de GaliciaAberta e coñece todos os detalles

E lembra, para máis información, podes dirixirche a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno (situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo).  

Compartir