• GaliciaAberta lanza hoxe un novo vídeo con información sobre como e onde xestionar a convalidación e homologación dos teus títulos académicas; e lembra, se tes algunha dúbida, podes dirixirche ás oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno
21
Oct
2021

Se volves a Galicia e xa tes estudos cursados, terás que realizar algúns trámites para a súa homologación ou convalidación. Para iso, antes de retornar, non te esquezas de recoller as certificacións correspondentes a eses estudos. 

Para homologar ou validar estudos non universitarios, debes seguir os pasos establecidos na web da Consellería de Educación.

E para homologar ou validar estudos universitarios, tes toda l a información na páxina do Ministerio.

Esta nova 'Pílula do retorno' lanzada por GaliciaAberta  explícache todos os detalles

E lembra, se che queda algunha dúbida, podes achegarche a calquera das cinco oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno, situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo); ou podes enviar un correo electrónico a retorno.emigracion@xunta.gal .  

 

Compartir