- GaliciaAberta e o Portal Retorna continúan respondendo as túas dúbidas sobre a volta a casa con outro vídeo explicativo no que se resume como e onde acudir para pedir o subsidio por desemprego se volviches a España e tes dereito a el
01
Oct
2021
Sabías que se volviches a Galicia tras cesar a túa actividade no estranxeiro podes solicitar o subsidio por desemprego? Os requisitos varían en función de se o fas desde algún país da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, incluído Suíza, ou non; ou desde Australia con autorización de residencia permanente, ou sen ela.
GaliciaAberta e o Portal Retorna explícannos, nunha nova pílula, cales son os pasos para dar.
E lembra, se che queda algunha dúbida sempre podes acudir a algunha das oficinas de retorno para aclarar este e outro trámites relacionados coa túa volta a casa.