• Se volviches a Galicia nos últimos dous anos e es descendente por consanguinidade dunha persoa galega e nada na comunidade autónoma, agora podes optar a estas axudas
  • O programa buscar facilitar facer fronte aos gastos que calquera retorno comporta
  • O goberno galego amplía tamén o prazo de solicitude de apoios para impulsar obras e infraestruturas nas entidades galegas do exterior: os interesados tedes agora ata o 30 de xuño
05
Jun
2020

 

Aos poucos, a ‘nova normalidade’ vaise impoñendo, con todas as peculiaridades que esta leva aparelladas. Unha desescalada que, como non podía ser doutra maneira, afecta tamén os programas de apoio ao retorno. Se volviches a Galicia nos últimos dous anos, aquí tes outra boa noticia.

 

Hai uns días contabámosvos que se prolongaba o prazo de solicitude deste programa ata o 30 de outubro. Hoxe informámosvos de que se amplían tamén os beneficiarios das axudas: podedes optar a estes apoios todos os descendentes por consanguinidade dunha persoa galega e nada na comunidade autónoma.

 

Ademais, e como sucedía ata o de agora, seguides sendo beneficiarios do programa os galegos, ou aqueles que esteades casados cun galego/a –ou teñades unha relación análoga a esta-, sempre que volvésedes á vosa terra nos últimos dous anos.  

 

Esta modificación encádrase no conxunto de medidas que a administración galega está a adoptar para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, que derivou nunha crise social e económica que afecta en maior medida aos retornados e á súa inserción socio–laboral.

 

O programa de axudas extraordinarias busca apoiarche no proxecto persoal e profesional que estás a emprender. Unha axuda especialmente dirixida ás familias, ao incrementar a contía en función do número de fillos: 1.000 por cada neno menor de idade ata o segundo, e 1.500 para o terceiro e sucesivos.

Ademais, se fixaches a túa residencia nun concello do rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.

As novas condicións entraron en vigor xa.

Se es un dos beneficiarios: ¡entra e solicita a túa axuda!

 

Ampliación do prazo para apoios a entidades

Neste novo escenario definido pola crise do coronavirus, o goberno galego acaba de ampliar tamén o prazo de solicitude de apoios para impulsar obras e infraestruturas nas entidades galegas do exterior: os interesados tedes agora ata o 30 de xuño.

 

Esta medida busca paliar as consecuencias que o Covid-19 provocou, e segue provocando, na maioría de casas galegas de todo o mundo, que tiveron que cesar a súa actividade e pechar as súas portas por mor da pandemia.

 

O programa comprende dous campos de actuación. Dun lado, a reforma, rehabilitación e conservación das entidades. E, doutro, a mellora de dotacións e equipamentos. Os gastos que podedes subvencionar son os que corresponden a proxectos que vaiades executar entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro deste ano.

¡Inicia o teu proxecto!
Compartir