- Este procedemento recoñece con carácter oficial e validez en todo o Estado a vosa experiencia profesional ou formación non formal
Os galegos retornados que así o desexedes podedes solicitar xa a acreditación da vosa experiencia en sete cualificaciones profesionais a través da Consellería de Emprego e Igualdade, que acaba de abrir o prazo para inscribirse neste procedemento.
A convocatoria para este ano inclúe un total de 1.209 prazas nas seguintes cualificaciones:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- En institucións sociais
- Servizos para o control de pragas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais
- En instalacións acuáticas
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural
- Vixilancia e seguridade persoal.
Para optar a estas acreditacións, de carácter oficial e validez nacional, podedes inscribirvos, ata o próximo 11 de febreiro
A oferta deste ano responde, unha vez máis, ás principais necesidades ou demandas de acreditación derivadas das profesións que actualmente están a ser máis necesarias para facer fronte á pandemia. Non en balde, hai sectores nos que se multiplicou a demanda de persoal.
Estas acreditación podedes facela valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia.
Galicia atópase á cabeza da formación certificable sendo pioneira en 2011 en impulsar o recoñecemento da competencia profesional a través do que se acreditaron xa a máis de 14.000 galegos.
As cualificaciones que se convocan, na maioría dos casos, son actividades ou profesións que por normativa, debido a razóns de saúde e seguridade, e co obxectivo de garantir un bo servizo aos usuarios, esixen como requisito imprescindible para poder desempeñalas a posesión dun título o certificado de profesionalidade, que acredite a súa experiencia profesional.