• Hoxe estreamos proxecto, e facémolo da man de Laboratorio de Radio, que nos achega o primeiro podcast de Orela (beira): un relato radiofónico que busca conectar as dúas ribeiras do Atlántico. A primeira protagonista, María Belén, 'Belu', volveu a Galicia grazas a unha bolsa BEME
29
Apr
2021

MARÍA BELÉN, 'BELU', BECARIA BEME

"Emigrar é voar, aprender, sentir, coñecer, e ao fin atoparse. Atoparse cos demais e cun mesmo. Emigrar é un feito obxectivo e, ao mesmo tempo, unha viaxe interior, íntimo, e o máis subxectivo que existe. Por iso, para contarche esta historia acudimos á voz do seu protagonista". 

Con estas palabras nace Orela, unha produción de Laboratorio de Radio que debuta coa historia de María Belén, 'Belu', nacida en 1990 en Buenos Aires, e que hoxe, con 31 anos recentemente cumpridos, volveu á terra das súas orixes grazas a unha bolsa BEME (acrónimo, en galego, de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior).  

O seu é un relato que nos conduce polo tempo, desde Galicia cara a Arxentina, para volver outra vez ata Galicia, onde, grazas a estas bolsas, está a cursar un máster en Planificación e xestión turística na Universidade da Coruña. 

Compartir