• Retomamos os nosos podcast sobre a diáspora da man de Laboratorio de Radio, que hoxe conecta esas dúas beiras (orelas) da emigración a través dun retornado emprendedor, Manuel Germade, que volveu de Xapón como mestre titulado e recoñecido pola Asociación Xaponesa de Bonsái
04
Aug
2021

MANUEL GERMADE, RETORNADO EMPRENDEDOR, ORELA PODCAST

Emigrar ten no dicionario tantas acepcións como persoas fano: “Abandonar o seu propio país para establecerse noutro estranxeiro". Nove palabras para definir unha; unha acción que se pode sintetizar nun verbo: emprender. Porque emigrar conleva dentro de si unha decisión; un impulso que co tempo inviste a súa dirección para volver a casa.

É o caso de Manuel Germade que, tras 5 anos en Xapón, hoxe ensina ao mundo enteiro o seu talento desde a nosa terra. E faio como mestre titulado e recoñecido pola Asociación Xaponesa de Bonsái e a Asociación Xaponesa de Shohin Bonsái.

Compartir