• O programa inclúe 48 axudas para cursar o nivel básico e outras 60 para ciclos formativos da modalidade dual
16
Feb
2024

No marco da Estratexia Galicia Retorna, o o Goberno galego ha activado unha nova edición do programa Retorna Talento FP para o curso 2024-2025. O obxectivo é que 108 mozos galegos do exterior poidan mellorar a súa cualificación e volver á súa terra de orixe con apoios que oscilan entre 6.500 e 10.800 euros.

O orzamento para esta convocatoria é de case 1 millón de euros. Neste curso 2023/24 son un total de 34 os mozos e mozas que están a cursar estudos de FP ao amparo deste programa nos centros integrados de FP Someso (A Coruña), Universidade Laboral (Culleredo), Ferrolterra (Ferrol), Vilamarín (Vilamarín) e no Instituto IES Chapela (Redondela). 

Formación básica

A convocatoria divídese en dúas categorías, en función do tipo de estudos que se ofertan. Así, a modalidade para recolle 48 bolsas para estudar programas específicos básicos de FP durante o curso 2024/25. Neste caso a bolsa é de 6.500 euros por alumno e a relación de programas formativos ofertados, a razón de 16 prazas cada un, é a seguinte:

Municipio Centro Programa formativo de formación específica básica
A Coruña CIFP Someso Albañilería e fontanería
Culleredo CIFP Universidade Laboral Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios  
Ferrol CIFP Ferrolterra Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios 

 

60 prazas na FP Dual

No caso caso da modalidade B, inclúe un total de 60 prazas para cursar cinco ciclos de Formación Profesional Dual nos cursos 2024/25 e 2025/26, cunha bolsa de 10.800 euros por estudante. Neste caso, durante o primeiro curso poderán realizar unha parte da formación a distancia, pero a formación práctica nas empresas será sempre presencial, do mesmo xeito que todo o segundo curso. 

Os ciclos ofertados, con 12 prazas cada un, son os reflectidos na seguinte táboa:

Municipio Centro Ciclo de FP Dual
Ferrol CIFP Ferrolterra Ciclo superior de Deseño e amoblamento 
A Coruña CIFP Someso Ciclo superior de Proxectos de edificación
Culleredo CIFP Universidade Laboral Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos 
Vilamarín CIFP de Vilamarín Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos
Redondela IES de Chapela Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia

 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades asinará convenios con empresas de referencia das zonas de influencia de cada un dos centros educativos para o período de formación en centros de traballo deste alumnado.

Bolsas BEME

Doutra banda, o Goberno galego lanzou a finais de ano unha nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para 2024/25, destinadas a fomentar o retorno de universitarias e universitarios menores de 40 anos á Comunidade autónoma, cubrindo gastos como viaxe, matrícula, aloxamento e manutención. Con axudas que oscilan entre os 8.000 e os 12.500 euros, a iniciativa forma parte da Estratexia Retorna 2023-2026 e investirá máis de 2,5 millóns de euros, ofrecendo preto de 2.000 oportunidades de retorno.

Compartir