• A iniciativa permite atraer talento e experiencia á nosa terra a través de contratos indefinidos, contribuíndo a cubrir vacantes no mercado laboral
29
Nov
2023
El presidente de la Xunta mantuvo un encuentro en Oroso con diez trabajadores que se acogieron a la iniciativa para conseguir un puesto en el grupo Vegalsa-Eroski

Galicia mantén a súa aposta polo retorno. E faio a través do programa Retorna Cualifica Emprego, que facilitou o regreso de máis de 200 galegos que residides no exterior, ofrecendo preto de 600 ofertas laborais desde a súa posta en marcha o pasado mes de febreiro. Neste sentido, a iniciativa propicia a atracción de talento e experiencia a nosa, ao mesmo tempo que axuda a cubrir vacantes laborais.

Os beneficiarios puideron acollerse a axudas para a viaxe, así como gozar de formación orientada ao emprego, un contrato indefinido e achegas para comezar a súa nova vida na comunidade. 

O obxectivo é conseguir o asentamento de poboación no rural e xerar emprego de calidade; facilitar o intercambio de coñecemento; ofrecer unha oportunidade aos galegos do exterior; incrementar a poboación activa de Galicia; e dar resposta ás necesidades do noso tecido produtivo ao proporcionar vantaxe competitiva ás nosas empresas.

Galicia é unha terra que progresa e que crea emprego, e para iso necesita de man de obra cualificada. Neste contexto, a Xunta ofrece oportunidades aos galegos no exterior para que poidades desenvolver un proxecto de vida na nosa terra.

Para alcanzar este obxectivo, o Goberno galego destinará 1,8 millóns de euros nas contas do próximo ano para favorecer o regreso de máis galegos residentes no exterior. Retorna Cualifica Emprego forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 mediante a cal a Xunta de Galicia pretende facilitar o regreso de 30.000 galegos.

Compartir