- Emprenderon a viaxe de volta a casa desde 60 países distintos: gustaríache seguir os seus pasos?
Imaxínasche volver a Galicia e sentir que non estás só no camiño? Iso é o que xa viviron máis de 30.000 galegos desde 2018 grazas á Estratexia Galicia Retorna. Persoas procedentes de 60 países distintos recibiron acompañamento e axudas personalizadas para retomar a súa vida aquí, na terra que os viu nacer a eles ou ás súas familias.
O retorno non é só un dereito: é tamén unha oportunidade para que Galicia siga crecendo contigo. Cada vez que regresas, reforzas o noso tecido social, laboral e demográfico. A túa experiencia, a túa formación e a túa historia enriquecen a toda a comunidade.
Un plan pensado para ti
A primeira fase da Estratexia (2018-2022) logrou 28.000 retornos, superando con fartura os obxectivos iniciais. Agora, na segunda etapa (2023-2026), hai máis recursos, máis medidas e máis ilusión: máis de 100 accións e un investimento de 450 millóns de euros para favorecer o regreso de 30.000 galegos. Só en 2023, 8.500 persoas como ti decidiron dar o paso, marcando un récord histórico.
Acompañamento desde o primeiro momento
Se decides volver, a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno está ao teu lado para resolver dúbidas e guiarche en todo o que necesites. Xa acompañou a máis de 32.000 familias no proceso.
As axudas extraordinarias ao retorno, por exemplo, ofrécenche unha primeira estabilidade económica. Más de 6.200 familias de máis de 60 países xa as recibiron, con 16 millóns de euros destinados a apoiar este novo comezo.
Se o teu é emprender, aquí tamén hai sitio para os teus proxectos: desde 2014 financiáronse máis de 900 iniciativas de retorno empresarial, que están a dar vida a negocios e empregos en Galicia.
Oportunidades para a mocidade
Se es novo, as bolsas BEME poden abrirche a porta a Galicia. Con elas, case 2.000 estudantes de máis de 40 países xa continuaron a súa formación e empezaron a integrarse no mercado laboral galego. Tamén existen programas como Merlo ou Retorna Cualifica Emprego, pensados para unir o teu talento coas oportunidades laborais de aquí.
Galicia espérache
Volver non é só facer as maletas. É reencontrarche coas túas raíces, abrazar aos teus e abrir un novo capítulo na túa terra. Galicia espérache cos brazos abertos, con programas pensados para acompañarche en cada paso e con oportunidades reais para ti e para a túa familia.
Agora é o teu momento: se algunha vez soñaches con regresar, leste é o camiño.