• O programa de axudas ao retornado emprendedor, as bolsas BEME ou as axudas extraordinarias ao retorno centran as proposta de apoio para volver á nosa terra en 2023
12
Dec
2022

Galicia mantén e reforza a súa aposta polo retorno. Neste sentido, o Goberno galego, a través da Secretaria Xeral dá Emigración, aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando a súa volta a casa.

Deste xeito, destínanse 5,5€ M€ para os diversos programas específicos da Secretaría Xeral destinados aos galegos do exterior que regresan a Galicia, aos que hai que sumar os 7,5M€ que destinará a Consellería de Emprego a programas de específicos de formación, incentivos á contratación e fomento do emprendemento, chegando así a un total de 13M€ destinados ao retorno, un 160% máis que no anterior exercicio orzamentario.

A Secretaría Xeral, que contará en 2023 cun orzamento de 19,5M€, apoiará tanto os programas específicos para o retorno como as actuacións en materia de emigración. Entre as principais actuacións, O programa de axudas ao retornado emprendedor, as bolsas BEME ou as axudas extraordinarias ao retorno centran as proposta de apoio para volver á nosa terra en 2023.

A xestión deste departamento autonómico ten como obxecto as actuacións de apoio ás cidadás e cidadáns galegos no exterior e ás entidades galegas asentadas fóra da nosa comunidade autónoma, co fin de fomentar a súa participación na vida social, cultural e económica de Galicia e contribuír á mellora do seu benestar e calidade de vida. Ademais, desenvolve accións encamiñadas a integración social e laboral dos galegos e galegas que deciden retornar a Galicia.

Compartir