• O programa da Consellería de Economía para a promoción e consolidación do autoemprego beneficiará aos autónomos ou profesionais que realicen unha contratación con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade
28
Oct
2019

A inclusión no mercado laboral dos emigrantes que habedes decido retornar recibe un novo impulso coas axudas xerais que a Xunta dispón para incentivar a vosa contratación.

O programa da Consellería de Economía para a promoción e consolidación do autoemprego beneficiará aos autónomos ou profesionais que realicen unha contratación con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. A axuda aplicarase ao primeiros tres contratos durante os tres anos iniciais do negocio.

Polo primeiro traballador, o autónomo percibirá entre 3.000 e 5.000 euros, e polos dous seguintes podería aumentar ata os 7.000 se os beneficiarios do contrato son despedidos de longa duración, con discapacidade ou en risco de exclusión social.

No caso de que os empregados sexan emigrantes retornados, mulleres, maiores de 45 anos, persoas trans, ou teñan o centro de traballo nun concello rural, a axuda poderá aumentar nun 25% adicional por cada un dos casos. É dicir, pola contratación indefinida do primeiro traballador, o empresario poderá recibir un máximo de 11.250 euros, e pola do segundo e terceiro, ata 15.750 euros.

Compartir