- O programa Principia promove a captación e retorno de investigadores á nosa terra fomentando a súa incorporación aos distintos centros de coñecemento e institucións que traballan no ámbito do I D i
Galicia segue sumando talento. Esta vez, a través do programa Principia, unha iniciativa que ten como obxectivo a captación e o retorno de investigadores á nosa terra fomentando a súa incorporación aos distintos centros de coñecemento e institucións que traballan no ámbito da I+D+i. Unha liña que este ano permite a contratación de 111 mozos investigadores galegos.
Cunha inxección de fondos públicos de 1.171.000 euros, o contrato para estes novos investigadores ten unha duración mínima dun ano, para o que se outorgan axudas de 10.000 euros. O 91% das persoas contratadas nesta ocasión desenvolverán as súas investigaciónes en empresas, mentres que o 9% restante incorporarase a organismos de investigación como universidades ou centros tecnolóxicos. Respecto das empresas, o 50% son microempresas, as 41% pequenas ou medianas e un 9% grandes. Ademais, o 39% son empresas altamente tecnolóxicas ou innovadoras (isto é, dispoñen do selo peme innovadora ou son empresa de base tecnolóxica ou ambas).
Ademais, máis do 61% das contratacións apoiadas son de carácter indefinido e o salario medio dos empregados será de 21.711€ brutos/anuais, por encima do salario mínimo establecido na convocatoria que ascendía a 19.000€. O 47% dos novos contratados carecen de experiencia laboral previa, un dato que pon de relevo que o programa supón unha primeira oportunidade de emprego de calidade no ámbito da innovación. Ao mesmo tempo, o 75% das contratacións bonificadas comportan un plan de formación para a persoa contratada e un 56% solicitaron o bono de formación de 1.000 euros que ofrecía como novidade o programa nesta edición.
Máis de 550 investigadores
En total, a través das cinco edicións desta iniciativa pioneira lanzada en 2016, permitiuse a contratación de 553 profesionais de ata 35 anos en actividades de I+D+i. Principia enmárcase na Estratexia Retorna e no programa Talento 2021, impulsado polo Goberno galego para xerar, reter e atraer 1500 profesionais a Galicia para actividades de I D i, estimándose a mobilización de preto de 47 millóns.