- Lembra que ata o próximo 29 de setembro podes presentar a túa solicitude e aspirar a axudas de ata 10.000 euros para impulsar o teu negocio na nosa terra: hoxe cóntannos a súa experiencia German Ricoy e María Eiriz
Se es galego e volviches á túa terra para emprender, lembra que tes á túa disposición o programa perfecto. O goberno de Galicia ten activa unha nova convocatoria da liña de apoio ao retorno emprendedor, unha iniciativa que busca facilitar a volta a casa de todos aqueles que iniciades na rexión un novo proxecto profesional e famiiliar.
Como xa vos contamos noutras ocasións, para ser beneficiario do programa tes que residir no estranxeiro e retornar a Galicia nos últimos dous anos -a partir do 1 de xaneiro de 2021-, poñendo en marcha o teu negocio durante ese prazo de tempo. Podes presentar a túa solicitude desde ata o próximo 29 de setembro.
As axudas oscilan entre os 6.000 e os 10.000 euros, facilitándoche así os gastos correntes orixinados pola posta en marcha do voso negocio. O único que necesitas é presentar un plan de negocio empresarial que conte cun informe de viabilidade económica e financeira dunha entidade independente.
GERMÁN RICOY E MARÍA EIRIZ: DE ISLA REUNIÓN A GALICIA
Máis de 500 familias galegas volvestes a casa a través deste programa, labrando na nosa terra un futuro laboral e profesional.
É o caso de Germán Ricoy e María Eiriz, que nos contan a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dunha empresa dedicada á creación e fabricación de xogos de mesa.
E lembrade, todos aqueles interesados podedes consultar estas axudas tamén nas oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral dá Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.