• O goberno galego mantén aberta ata a próxima semana a liña de actuación que busca axudar aos centros do exterior na promoción da cultura galega
10
Mar
2023

Galicia non se esquece dos centros galegos do exterior. Todas aquelas entidades que o desexedes, tedes aberto ata a próxima semana o prazo para a solicitude da liña de axudas destinada a gastos de funcionamento, proxectos sociais e culturais. Un programa que aumenta o seu orzamento este ano ata os 1,3 millóns para poder facilitar a asistencia e participación das entidades no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas. 

Esta convocatoria conta con catro liñas: funcionamento, axudas para proxectos culturais, sociais, de acción informativas e proxectos promovidos pola mocidade, accións de especial relevancia e participación no pleno do XIII Consello de Comunidades Galegas

En canto á primeira liña, e co fin colaborar no funcionamento das entidades galegas no exterior, este ano destínanse a este fin 500.000 euros.  

En segundo lugar, estas subvencións tamén van dirixidas para a posta en marcha de proxectos culturais, sociais, de accións informativas e actividades promovidas pola mocidade, ao que se destinarán un total de 600.000 euros.

Co obxectivo de axudar as entidades para realizar accións de especial relevancia, destinarase un crédito de 100.000 euros. Finalmente, e dado que este ano celebrarase o XIII Consello de Comunidades Galegas, ábrese unha liña especial para que as entidades poidan solicitar axudas para a súa participación, destinando en total a esta categoría 150.000 euros.  

O prazo de presentación finaliza o próximo 16 de marzo, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total.

Compartir