- A Xunta promove acordos con países iberoamericanos para cubrir postos en sectores crave e seguir construíndo unha terra chea de oportunidades
Se algunha vez pensaches en volver, leste pode ser o momento. Galicia leva tempo preparándose para facer máis fácil o regreso. Para que quen se marchou poidan volver con garantías, cun proxecto de vida, cun traballo. E tamén para que outros, como ti, elixan esta terra para empezar de novo.
A través de acordos pioneiros con países irmáns como Colombia, Honduras, Ecuador ou Paraguai, a Xunta está a crear novas pontes de colaboración que permiten a chegada ordenada de profesionais ao mercado laboral galego. É un camiño guiado desde o inicio, no que participan tanto as administracións de orixe e destino como as empresas galegas que necesitan talento. Todo pensado para que quen chegue teña xa un contrato, formación adecuada e apoio en todo o proceso.
Pero isto tamén vai por ti.
Galicia Retorna: volver con apoio, volver con futuro
Se es galego ou galega do exterior, sabes que aquí hai un programa feito á túa medida: Galicia Retorna. Un conxunto de axudas, orientación e acompañamento para facilitar o teu regreso. Para que volver non sexa só unha idea bonita, senón unha realidade posible.
Agora, este novo impulso da Xunta súmase ao traballo que xa se está facendo contigo en mente: atraer profesionais cualificados, axilizar trámites, recoñecer títulos, facilitar permisos de residencia e traballo… Todo para que volver —ou empezar aquí— sexa máis fácil, máis seguro e cheo de oportunidades.
A túa terra espérache
Hai empresas que necesitan mans. Hai sectores que buscan talento. E hai un país enteiro que segue mirando cara a fóra, co corazón posto nos seus. Galicia non se esquece de ti. Ao contrario: traballa cada día para volver atoparse contigo.
Quizá sexa agora. Quizá sexa pronto. Pero se algunha vez soñaches con volver, queremos que saibas que Galicia tamén está a dar pasos para atoparse contigo.
Porque aquí sempre terás casa. E futuro.