- A nosa terra logra o seu mellor saldo migratorio desde que hai rexistros ao contabilizar un dato positivo de 27.251 persoas durante 2022
Galicia rexistrou un saldo migratorio positivo de 27.251 persoas en 2022, o que supón a maior cifra nos últimos 15 anos, ou o que é o mesmo, desde o inicio da serie histórica en 2008.
Este saldo migratorio, recollida nos últimos datos que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE) é positivo na nosa terra tanto no relativo a persoas procedentes do estranxeiro (25.867) como aos que chegan doutras comunidades (1.384). Ademais, supón triplicar o rexistro positivo de 12.836 persoas en 2021.
Durante o 2022, de Galicia emigraron ao estranxeiro ao longo do ano 13.414 persoas, mentres chegaron á comunidade 39.281 persoas doutros países. Venezuela (5.066) destaca entre os países con máis cidadáns chegados a Galicia, seguido de Colombia (4.694), Perú (2.503), Brasil (1.876), Ucraína (1.848) e Arxentina (1.771).
No outro lado, Portugal é o país ao que emigraron máis persoas desde Galicia en 2022, con 516 persoas. Séguenlle: Estados Unidos (406), Reino Unido (373), Venezuela (359), Suíza (355) e Brasil (341).
No tocante aos movementos de galegos a outras comunidades, Madrid ocupa o primeiro lugar ao recibir 4.708 persoas, seguida de Cataluña (2.441), Andalucía (2.018), Canarias (1.806) e Castela e León (1.802).
Mentres, Madrid (4.748), Cataluña (2.966) e Andalucía (2.131) son as autonomías das que proceden o maior número de persoas chegadas a Galicia.